CONDICIÓNS XERAIS DATAS: do 24 ao 31 de xullo
IDADES E PERFIL DOS PARTICIPANTES Nenos/as e xoves de 7 a 16 anos, é dicir, os nados entre 1994 e 2001. Posuir un ano como mínimo de estudos musicais, que será especificado na Ficha de Inscrición, así como a especialidade instrumental.
PRAZAS limitadas: 45
INFORMACIÓN E INSCRICIÓN. Para Información sobre o Encontro farase no Centro de Música FINGOI, teléfono 982 221 630, ou na web www.centromusicafingoi.com
- Consultar a dispoñibilidade de praza aquí.
- Para a formalización da Inscrición será requisito imprescindible remitir a Ficha de inscrición, debidamente cumprimentada.
- Unha vez formalizada a inscrición procederase o ingreso do 1º pago, en concepto de reserva de praza. No xustificante bancario deberá indicarse NOME DO PARTICIPANTE e I ENCONTRO DE XOVES MÚSICOS.
- A reserva deberá efectuarse nos 7 días naturais posteriores á formalización da inscrición.
- No caso de non realizar o ingreso no prazo indicado, a inscrición queda anulada.
- O 2º pago, que completará o importe total da estadía, realizarase antes do 18 de xullo.
- A admisión realizarase por riguroso orde de reserva.
ANULACIÓNS:
- Os participantes que confirmaran a reserva e desistiran dos servizos solicitados, terán dereito á devolución do importe pagado, sempre que notifiquen a renuncia 15 días antes da entrada.
- As renuncias presentadas con menos antelación non terán dereito a devolución, agás no caso de forza maior debidamente acreditada.
- Os participantes inscritos que non se presenten o día de entrada non terán dereito a ningunha devolución.
- A Dirección poderá cancelar as estancias por insificiencia no número de inscricións, sen ter dereito a reclamación algunha. Farase a devolución dos importes solicitados nun prazo o máis breve posible.
NOTA: ¡Non esquezas o teu instrumento! Cada alumno levará o seu instrumento (excepto os pianistas).
|